Es increible y a la vez bastante consolador que muchos vecinos de Carballiño nos tengamos que informar de lo que pasa en nuestro pueblo a través de la tertulia. Increible porque quienes debieren de informar que sería nuestros gobernantes locales no lo hacen. Sólo anuncian cuando les conviene cosas con las que piensan quitar rédito político siendo perfectamente conscientes de que el pacto hecho les pasará factura tanto o más al Psoe que al Pp. Ya veremos que figuras se mantendrán en las listas de las próximas municipales.Consolador, porque al menos tenemos un punto de referencia para oir lo que pasa en nuestra querida villa y se hace desde la pluralidad y variedad de opiniones que dan los tertulianos. En este punto tambien reconozco que mi fanatismo reciente por vuestro programa nace a raiz de los comentarios y argumentos que suele dar el señor Nogueira.Digno de admirar que independientemente del tema que se debata tenga en la mayoría de los casos datos e información que aportar a la vez que suele emitir una opinión bastante subjetiva y justificada en esos datos.De hecho en el programa de hoy dio datos sobre la construcción del nuevo centro de salud que yo desconocía e incluso creo recordar que llegó a decir que el pp llevaba una cantidad de dinero en los presupuestos de la Xunta para el centro de salud. Podrá gustar más o menos lo que diga, pero es muy difícil rebatirle ciertas cuestiones. Como se suele decir es de los que lleva la tarea casi siempre hecha. Mis felicitaciones al programa, a los tertulianos y en especial al señor Nogueira por darnos información cada viernes.

Fátima Gómez, Sebas Lamazares, José Antonio Barge e Manuel Nogueira comentan a actualidade da semana no noso ámbito comarcal.
Presenta e modera, Xan Pinal:

A Casa da Cultura do Carballiño acolleu este xoves a xornada "Polbo con Orixe: do produto á experiencia", un encontro que reuniu a representantes institucionais, expertos en turismo e profesionais do sector enogastronómico para debater sobre o futuro do turismo gastronómico e o papel dos clubs de produto como ferramentas de dinamización territorial.
O evento serviu como presentación oficial do Club de Produto “Polbo con Orixe”, unha iniciativa impulsada ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino "O Carballiño e a gastronomía do polbo", financiado pola Unión Europea - NextGeneration EU.
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o xefe de área provincial de Turismo Galicia en Ourense, Cecilio Santalices, e o deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participaron na apertura da xornada. O rexedor municipal puxo en valor o polbo como símbolo do Carballiño, así como o traballo realizado para lograr a internacionalización da Festa do Pulpo. “Tamén conseguimos que a Festa do Pulpo non fose só un día de celebración, senon varias semanas de citas no Carballiño como a elaboración da tapa máis grande do mundo”, apuntou.
A xornada desenvolveuse a través de varias conferencias e mesas redondas que abordaron a enogastronomía como elemento central da experiencia turística. Carlos Martins, experto en enogastronomía e turismo, estableceu as bases conceptuais sobre a importancia de construír unha oferta turística ao redor dos produtos gastronómicos locais e a súa conexión co territorio.
As mesas redondas "Os clubs de produto como elemento de vertebración do turismo gastronómico" e "O papel dos concellos como impulsores da gastronomía local" abordaron a importancia destas iniciativas para incrementar a competitividade das empresas locais e a necesidade da colaboración público-privada para implicar ao tecido económico nunha estratexia a longo prazo.
O Club de Produto Polbo con Orixe busca consolidar O Carballiño como un destino turístico de referencia no eido enogastronómico, situando ao polbo como eixe principal dunha actuación que tamén fortalece a conexión con outros produtos da contorna.
Máis información sobre o Club de Produto Polbo con Orixe:
●Na web pulpoconorigen.com
●No enderezo electrónico clubdeproducto@carballino.gal

A área de Educación do Concello do Carballiño pon a disposición da veciñanza os libros retirados do fondo da Biblioteca Municipal durante a primeira fase do expurgo que se leva a cabo desde o mes de outubro.
Este proceso, necesario para o bo funcionamento da Biblioteca e para garantir a calidade dos préstamos, inclúe o inventario e pre-catalogación básica de materiais a revisar, o rexistro documentado de baixas, a consulta institucional á Xunta se fora preciso pola Lei de Patrimonio Documental de Galicia e o tratamento final do material.
Trala realización da primeira fase do expurgo, a área de Educación convida á cidadanía a achegarse este venres e sábado á Biblioteca e ver se hai libros do seu interese entre aqueles volumes que se retiran do catálogo. “Pode vir quen queira, desde particulares a asociacións de veciños, centros educativos, de estudos, agrupacións culturais, sociais… Está aberto para toda a poboación”, detalla Lorena Castro, concelleira de Educación.
Entre os materiais destacan enciclopedias, libros especializados en diversas áreas do coñecemento ou mesmo novelas. “A retirada do catálogo destes volumes responde a criterios técnicos e de espazo, precisamos máis espazo na Biblioteca para facer oco ás novidades que imos adquirindo”, recorda Castro.
A cidadanía interesada pode achegarse á Biblioteca este venres, en horario de 17,00 a 20,00 horas, e este sábado, en horario de 10,00 a 13,00 horas. Cabe destacar que aqueles volumes que sexan retirados non poderán ser devoltos con posterioridade. “Este é o primeiro expurgo, nas próximas semanas levarase a cabo o segundo e volveremos poñer libros a disposición da veciñanza”, avanza a edila de Educación.

O Concello do Carballiño prepárase xa para festexar o Nadal nos meses de decembro e xaneiro. O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, acompañado do alcalde, Francisco Fumega, presentou esta mañá a programación cultural e de ocio que inclúe unha trintena de actividades para público de todas as idades. A veciñanza poderá desfrutar dunha variada oferta teatral, cine, concertos, maxia ou mesmo monólogos de humor, ademais de citas tradicionais como a visita de Papá Noel ou a cabalgata de reis. “Temos novidades como as prebadaladas na tarde do día 31 de decembro, que esperemos que teñan moito éxito”, avanzou o edil de Cultura.
A programación comeza o día 1 de decembro co acendido da iluminación festiva polas rúas da vila, que volverá incluír fío musical por petición dos comerciantes. “Este ano temos iluminación en máis espazos públicos para dar un ambiente máis máxico á vila e estimular o comercio local”, explicou. Así, a Praza Maior, a Praza de Abastos, a Uceira, o Balneario ou a Praza de San Ramón contarán cunha maior decoración.
Entre outras actividades, o concelleiro destacou o concerto das Guerreras K-Pop do día 4 de decembro no Auditorio Municipal, para o que xa quedan poucas entradas; o concerto do grupo de música Bombai, o día 5 de decembro; a obra “Bichitos” da compañía salmantina Spasmo Teatro o día 8 de decembro; o espectáculo “Retranca e maxia” de Luis Boyano o día 14 de decembro,ou o monólogo de Agustín Jiménez do 18 de xaneiro. Fixo unha mención especial á cabalgata de reis, unha cita na que O Carballiño recibe a veciñanza doutros puntos da provincia e mesmo da comunidade para desfrutar da máxica xornada. “Na cabalgata teremos moitas sorpresas, como é habitual”, destacou.
O edil tamén recordou que haberá actividades complementarias durante decembro e xaneiro, tales como a pista de xeo, que se colocará na pista vermella, ou as exposicións fotográficas de O Potiños en diversos puntos da vila.
Apoio ao comercio
O alcalde, Francisco Fumega, avanzou a campaña de bonos que o Concello lanzará nas próximas semanas para incentivar as compras no comercio local. “É un xeito de prolongar as vendas máis alá da época do Nadal”, explicou. No pasado pleno, a corporación local aprobou unha modificación de crédito de 30.000 euros para poñer en marcha a campaña, que en pasadas edicións xa contou cunha elevada participación por parte da veciñanza.
PROGRAMACIÓN NADAL 2025
●1 de decembro: acendido da iluminación nas rúas da vila.
●4 de decembro: concerto “Las guerreras K-Pop”.
●5 de decembro: concerto grupo Bombai.
●6 de decembro: teatro coa obra “Tres porquiños”, de EducaTeatro
●6 de decembro: concerto da Banda Vilatuxe coa Coral Polifónica do Casino.
●8 de decembro: obra teatral “Bichitos”, de Spasmo Teatro.
●12 de decembro: cine coa proxección da película “Sorda”, coa colaboración do Cine Clube.
●13 de decembro: teatro con “Amor y crímenes de Juan Pantera” de Teatro del Norte.
●14 de decembro: espectáculo “Retranca e maxia” de Luis Boyano.
●19 de decembro: proxección do filme “Un simple accidente”, coa colaboración do Cine Clube.
●20 de decembro: III Festival Nadal Coral, organizado por Coro infantil e xuvenil Enharmonía, Coro Cantiga e Orfeón do Carballiño.
●21 de decembro: espectáculo “Un mundo de fantasía” para público infantil.
●24 de decembro: visita de Papá Noel.
●25 de decembro: Concerto de Nadal da man do Orfeón do Carballiño.
●27 de decembro: concerto de Xoán Curiel e a súa banda.
●Teatro con “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” de Xanela de Maxín.
●31 de decembro: prebadaladas na Praza Maior.
●1 de xaneiro: Concerto de Aninovo do Coro de Cámara Música Viva.
●5 de xaneiro: Gran Cabalgata de Rei.
●6 de xaneiro: Concerto de Reis da Coral Polifónica do Casino.
●18 de xaneiro: Monólogo de Agustín Jiménez.
●Festival Máxico San Juan Bosco.
●Exposicións fotográficas de O Potiños en distintos puntos da vila.
●Pista de patinaxe.
●Inchables para a cativada.

A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ambiental con condicións ao Plan estruturante de ordenación de solo empresarial (Peose) para a ampliación do parque empresarial do Carballiño-Maside.
O informe ambiental estratéxico emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, que sairá publicado proximamente no Diario Oficial de Galicia, establece que non son previsibles efectos adversos significativos derivados do proxecto. Non obstante, inclúe condicionantes en distintos aspectos como a integración paisaxística e fluvial, a protección do patrimonio cultural existente na contorna, a xestión dos recursos hídricos -o abastecemento, saneamento e xestión das augas pluviais- e as limitacións de uso derivadas do ruído existente.
Neste sentido, o informe foi elaborado no marco do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada desta iniciativa, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a consulta de preto dunha decena de organismos públicos interesados e tanto o borrador de Peose como o documento ambiental estratéxico estiveron publicados no portal web da Consellería para que o público en xeral puidese consultalos e facer as observacións ou suxestións oportunas.
Unha vez emitido o informe ambiental estratéxico, remítese ao promotor e ao órgano substantivo xunto cos informes recibidos na fase de consultas previas e, posteriormente, farase público mediante publicación tanto no DOG como na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Cómpre lembrar que o obxectivo do Peose é planificar e ordenar as actuacións urbanísticas necesarias para a ampliación do polígono industrial do Carballiño-Maside, un desenvolvemento previsto no Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (Psoaeg).
O ámbito de actuación do Peose é un espazo de máis de 90 hectáreas de extensión que se reparten en máis de 64 hectáreas de terreo correspondentes ao sector delimitado no concello de Maside, algo máis de 24 hectáreas do sector do Carballiño e arredor de catro hectáreas de terreos necesarios para levar a cabo as conexións para a infraestrutura viaria exterior e de servizos, fundamentalmente os relacionados co saneamento e abastecemento de auga.
O solo afectado no caso do concello do Carballiño supón a ampliación da zona industrial existente no límite leste do municipio e comprende un espazo baleiro inserido nunha contorna urbanizada ocupada por usos industriais, residenciais e dotacionais. O sector de Maside é un espazo de características máis rurais enmarcado entre varias infraestruturas de comunicación e o núcleo de Dacón, situado ao sur.
O plan para ampliar o parque empresarial prevé varias zonas de ordenación da actividade industrial co fin de atender a demanda existente por parte do tecido produtivo e dar resposta ás necesidades futuras. Ao mesmo tempo incorpora zonas verdes, de estacionamento, sendas peonís e carril para os ciclistas -co obxectivo de humanizar a contorna e mellorar a súa integración paisaxística- así como a construción dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) para dar servizo e tratar as augas residuais xeradas no novo solo empresarial.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello declarou na súa reunión semanal ben de interese cultural o Castro de San Cibrao de Las, situado no termos municipais ourensáns de San Amaro e Punxín. “Trátase dun dos xacementos arqueolóxicos máis sobranceiros e visitados de Galicia e dos máis importantes desde o punto de vista cultural e histórico”, indicou.
A declaración, que se fará oficial nos vindeiros días coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia, valora este enclave como un elemento crucial no coñecemento da Idade do Ferro, especialmente na súa fase final e inicio do período romano, polo que se considera a necesaria protección para garantir a súa conservación e proxección cara ás futuras xeracións.
Ademais, tal e como resaltou Rueda, o expediente destaca o seu bo estado de conservación, cun 15 % da extensión do poboado xa escavado e musealizado. Neste senso, o informe recolle as sucesivas intervencións que permitiron sacar á luz numerosas estruturas, tanto habitacionais como doutro tipo (murallas, rúas, portas monumentais ou alxibes, entre outras). Ademais, tamén se acharon materiais arqueolóxicos (pezas cerámicas, líticas, obxectos de vidro de uso doméstico, restos metálicos ou moedas) de grande importancia para a investigación e a divulgación, de maneira que constitúen un valioso recurso patrimonial. Deste xeito, tamén se fai fincapé na excelente preservación da súa integridade, sen que se vise afectada substancialmente a súa morfoloxía ao longo dos varios séculos de historia.
Cómpre destacar que esta singularidade foi a que fixo que a Xunta o escollese para crear o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, un centro de interpretación inaugurado no 2014 para difundir este coñecemento entre a poboación. De feito, como resultado disto conseguiuse a consolidación dos restos exhumados e a creación dun lugar histórico amplamente investigado, musealizado e protexido, sendo un dos xacementos arqueolóxicos máis visitados de Galicia.
Con esta declaración, agora mesmo “están rexistrados 793 bens de interese cultural” no territorio, unha cifra que reflicte o importante compromiso do Goberno autonómico por protexer, conservar e pór en valor o patrimonio sobranceiro da Comunidade.
Exemplo de construción planificada e organizada
O Castro de San Cibrao de Las, situado a 20 quilómetros da cidade de Ourense, foi considerado tradicionalmente como un oppidum ou poboado prehistórico do cambio de Era. Nas intervencións máis recentes ampliase a súa ocupación como castro entre os séculos II a. C. e II d. C, e documéntanse indicios da existencia doutras fases no xacemento arqueolóxico ata o derrube da muralla e abandono definitivo no século XI d.C.
Así, tras as diversas intervencións arqueolóxicas que se veñen desenvolvendo desde inicios do século XX descríbese o ben como un espazo elevado que conta con dous recintos ovalados e concéntricos. Desta maneira, considerase que exemplifica unha construción planificada e organizada, con rúas pavimentadas, sistemas de canalización de auga, vivendas complexas con estruturas arredor dun patio central e agrupadas en barrios.
Polo tanto, San Cibrao de Las conta coa presenza dunha variada tipoloxía de elementos do patrimonio histórico, arqueolóxico e natural que avalan o seu potencial como recurso científico de primeira magnitude, e a súa relevancia e valor cultural singular.
Esta finde de semana asistimos en Boborás a outra desas festas de moca, na que veciños e non veciños papan de moca a conta dos cartos de todos.
Mentras o importante no día a día segue sen facerse.
No edificio multiusos a calefacción do edificio segue sen funcionar. Seica os nenos xa pasaron o verán sen aire acondicionado, menos mal que algúns pais deixaron ventiladores. E agora seguen sen calefacción.
E seica tampouco vai o ascensor.
Qué vai ser o seguinte.
Ou se está en Boborás ou en Ourense. A todo non se chega alcaldesa.

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal do concello de Avión recibíu na tarde deste domingo o aviso do 112 da desaparición dunha muller de 73 anos na localidade de Rubillón, no concello de Avión.
Aportan datos identificativos desta muller, que mide aproximadamente 1,65 m, e no momento da súa desaparición vestía chaqueta de punto branco e pantalóns verdes de chándal.
No operativo de búsqueda están a participar membros do GES de Avión, voluntarios de Protección Civil de Avión e Garda Civil. A muller é orixinaría do concello de Piñor e por motivos familiares achegouse este domingo ata o citado lugar de Rubillón,
Desde o GES de Avión piden a toda acidadanía que, se fose vista ou poida aportarse calquera información, contáctese inmediatamente cos servizos de emerxencia ou coas autoridades competentes.
Asfaltan todas as rúas e ata constrúen aceras pero incomprensiblemente deixan sin tocar a rúa que da acceso á urbanización desde 25 de xullo (a partir de parrillada Os Amigos ata a túnel). Por certo da ampliación do túnel que prometera o alcalde de Maside non se sabe nada.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »